O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, un novo procedemento, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.
De conformidade co disposto no artigo 2º.2 e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán.
En virtude da disposición derradeira segunda do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, desde a entrada en vigor deste decreto o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia cambiará a súa denominación pola de Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único.
1. Inclúese no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, e queda pois, habilitado cos efectos previstos no seu artigo 5º.1, o seguinte procedemento:
IN421G.-Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións, do novo procedemento «Caldeiras de Biomasa de Potencia Media e Alta».
2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo:
http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2011.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza