DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Mércores, 13 de abril de 2011 Páx. 6.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de marzo de 2011 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal de Xove (Lugo), no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Xove solicita a inscrición da escola de música municipal no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a xefatura territorial desta consellería, de Lugo, achega o expediente cos correspondentes informes.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música municipal que se sinala:

Provincia: Lugo.

Concello: Xove.

Localidade: Xove.

Domicilio: Camiño Real, s/n, CP 27870.

Código do centro: 27020872.

Titular: Concello de Xove.

Denominación: Escola de Música Municipal de Xove.

Segundo.-Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro.-O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teñan que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116º e 117º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2011.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria