DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Luns, 11 de abril de 2011 Páx. 6.447

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 22 de abril de 2010, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2011.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 66, do 4 de abril de 2011, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 5.987, tanto no enunciado como no texto da resolución, onde di: «Orde do 22 de abril de 2010, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2011», debe dicir: «Orde do 22 de abril de 2010, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2010».

Na mesma páxina, no anexo, onde di: «Realización de actividades dirixidas á xuventude, promoción da información xuvenil e incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2011», debe dicir: «Realización de actividades dirixidas á xuventude, promoción da información xuvenil e incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2010».