DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Luns, 11 de abril de 2011 Páx. 6.446

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 3 de marzo de 2011 pola que se resolve a integración da biblioteca da Asociación de Veciños O Árbol (Tomiño) na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, de conformidade co establecido no artigo 38º do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas

RESOLVO:

Primeiro.-Integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a biblioteca da Asociación de Veciños O Árbol (Tomiño).

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo, deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2011.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo