DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Xoves, 07 de abril de 2011 Páx. 6.309

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de marzo de 2011 polo que se suspende a vixencia do Plan Galego de Acuicultura.

Adoptado o acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do 10 de marzo de 2011, relativo á suspensión da vixencia do Plan Galego de Acuicultura, resulta necesario darlle publicidade ao mencionado acordo, polo que

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 10 de marzo de 2011, que a continuación se transcribe:

Iniciar a revisión do Plan Galego de Acuicultura de 2008 ao ser incompatible cos obxectivos fixados para o futuro Plan Director da Acuicultura de Galicia. E, polo tanto, suspender a vixencia do Plan Galego de Acuicultura que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 28 de agosto de 2008.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2011.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Director xeral de Ordenación

e Xestión dos Recursos Mariños