DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Xoves, 07 de abril de 2011 Páx. 6.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2011 pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 12 de maio de 2010, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión das axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

De conformidade co disposto no artigo 18º.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 12 de maio de 2010 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión das axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais (DOG do 31 de xullo) e no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOG do 16 de agosto), así como a normativa de desenvolvemento, se for o caso.

Norma reguladora: Orde do 12 de maio de 2010 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión das axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporación locais (Diario Oficial de Galicia nº 97, do 25 de maio).

Crédito orzamentario: 2.547.177,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.460.2.

As entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas a cada unha delas expresado en euros recóllense no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2011.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

Ver referencia pdf "06900D011P020.PDF"