DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Xoves, 07 de abril de 2011 Páx. 6.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á composición da Comisión de Seguimento da execución dos proxectos de natureza industrial asociados aos parques eólicos adxudicatarios dentro das ordes da convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

En aplicación do previsto na disposición adicional 2ª da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; en virtude do establecido no artigo 3º da Orde do 23 de febreiro de 2011, pola que se aproba o Regulamento de funcionamento da Comisión de Seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial asociados aos parques eólicos adxudicatarios, que establece a súa composición; e unha vez efectuados a designación e os nomeamentos correspondentes,

RESOLVO:

Dar publicidade á composición Comisión de Seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial, que quedará constituída coa seguinte distribución:

Presidente:

-Eliseo Diéguez García, director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Vogais:

-María Isabel Castro Sánchez, xefa do Servizo de Infraestruturas Enerxéticas (Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas).

-Emérito Freire Sambade, director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética (Inega).

-Rosa Núñez Pardo de Vera, xefa da Unidade Técnica de Enerxía Eólica (Inega).

-Norberto Penedo Rey, subdirector de Xestión de Proxectos (Igape).

-Susana Vázquez García, técnica de Xesgalicia (Igape).

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas