DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Xoves, 07 de abril de 2011 Páx. 6.299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 4 de marzo de 2011 pola que se fixa o prezo de venda ao público de diversas publicacións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51º, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, en exercicio das atribucións que me confire o artigo 34º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo) reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Aprobar os prezos de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas y que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas

Ver referencia pdf "06900D004P010.PDF"