DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Xoves, 07 de abril de 2011 Páx. 6.294

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2010, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), para a extensión de redes de transporte de alta capacidade en poboacións con maior demanda desatendida de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o período 2010-2012 (procedemento administrativo PR880B, Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño de 2010).

O 3 de xuño de 2010 publicouse no DOG a Resolución do 28 de maio de 2010 pola que se aproban as bases e se convocan as axudas para a extensión de redes de transporte de alta capacidade en poboacións con maior demanda desatendida de Galicia para o período 2010-2012.

Segundo o establecido no artigo 29º, alínea b), das bases reguladoras da convocatoria, de conformidade co previsto no artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas.

Faise indicación que segundo o establecido no artigo 4º das citadas bases reguladoras as actuacións están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1-Desenvolvemento da economía do coñecemento (I+D+i, sociedade da información e TIC), tema prioritario 10 Infraestruturas telefónicas, actuación 1.10.4. Infraestruturas de telecomunicacións.

En consecuencia, resolvo publicar a seguinte subvención concedida:

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 28 de maio de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), para a extensión de redes de transporte de alta capacidade en poboacións con maior demanda desatendida de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o período 2010-2012 (procedemento administrativo PR880B, DOG do 3 de xuño de 2010)

b) Programa: 571A-Fomento da sociedade da información e do coñecemento.

c) Crédito orzamentario: 04.70.571A.775.0.- Desenvolvemento das tecnoloxías da información e das telecomunicacións

d) Beneficiario: Telefónica, S.A.U. con NIF A82018474.

e) Cantidades concedidas:

-Ano 2010: 615.156 €.

-Ano 2011: 2.501.440 €.

-Ano 2012: 2.095.000 €.

f) Finalidade da axuda: extensión de redes de transporte de alta capacidade en poboacións con maior demanda desatendida de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2011.

Mª Mar Pereira Álvarez

Secretaria xeral de Modernización

e Innovación Tecnolóxica