DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Xoves, 31 de marzo de 2011 Páx. 5.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DECRETO 50/2011, do 24 de marzo, de aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual número 20 das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Nigrán (Pontevedra) referida a determinacións de solo apto para urbanizar do Porto do Molle (SAU-9).

1. O Concello de Nigrán (Pontevedra) remite o proxecto da modificación puntual referida en solicitude da súa aprobación definitiva, conforme o disposto no artigo 85º.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. O termo municipal de Nigrán conta cunhas normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra o 25-11-1987; cun texto refundido aprobado definitivamente pola CPU do 16-10-1991.

Esas normas subsidiarias foron obxecto de varias modificacións, e concretamente:

a) Modificación puntual nº 5, aprobada definitivamente o 27-9-2002, relativa á diversificación de usos do parque industrial terciario de Porto do Molle (SAU-9), que incorpora o sistema xeral do río Muíños e o trazado executado da autoestrada do Val Miñor (AG-57).

b) Modificación puntual aprobada definitivamente o 20-6-2007, que recolle o trazado do enlace previsto, e hoxe non executado, do SAU-9 coa autoestrada AG-57.

Así mesmo, no ámbito desta modificación está en vigor o Plan de sectorización do SAU-9, aprobado definitivamente o 10-5-2005, que inclúe o enlace coa AG-57, non executado.

3. A Dirección Xeral de Obras Públicas da CPTOPT, na súa resolución do 16-33-2009, aprobou definitivamente o proxecto modificado número 1 da Mellora e funcionalidade na autoestrada do Val Miñor AG-57. Clave PO/06/049.01 (DOG do 26-3-2009) que inclúe o novo e actual trazado do enlace do parque empresarial de referencia co ramal cara a Nigrán da autoestrada AG-57.

4. Canto á tramitación do expediente, cómpre sinalar:

a) A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da CMATI decidiu, o 23-6-2009 que non era necesario someter o documento ao proceso de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente (DOG do 7-8-2009).

b) O expediente conta co informe favorable da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da CMATI con datas 15-9-2009 e 18-3-2010, con carácter previo á aprobación inicial, ao abeiro do disposto no artigo 85º.1 da LOUGA.

c) O Pleno do concello, en sesión do 26-5-2010, aprobou inicialmente a modificación; que foi sometida tanto á audiencia dos concellos limítrofes (Baiona, Gondomar e Vigo) como a información pública mediante anuncios nos xornais Faro de Vigo e Atlántico Diario do 29-6-2010, e no DOG do 5-8-2010, presentándose varias alegacións.

d) Logo da introdución das modificacións derivadas dos informes municipais e sectoriais e das alegacións formuladas, o concello, en Pleno do 27-10-2010, acordou outorgar a aprobación provisional.

e) No expediente constan, entre outros, os seguintes informes:

-Servizo de Planificación e Programación Hidrolóxica do organismo autónomo Augas de Galicia, do 15-6-2009.

-Sociedade Concesionaria Autoestradas de Galicia, do 17-6-2009.

-Servizo de Xestión de Vías de Alta Capacidade, da Delegación da Xunta de Galicia nas sociedades galegas de autoestradas de peaxe (CMATI) do 2-7-2009.

-Dirección Xeral de Infraestruturas da CMATI, con datas 3-7-2009 e 5-8-2010.

-Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura e Turismo, do 1-9-2010.

-Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, do organismo autónomo Augas de Galicia, do 2-9-2010.

-Informes municipais, do arquitecto, con datas 10-5-2010 e 19-10-1010; do técnico de administración xeral, con datas 12-5-2010 e 13-10-2010; e do secretario xeral, con datas 19-5-2010 e 21-10-2010.

5. A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia emitiu informe favorable na súa sesión do 2 de marzo de 2011.

6. A modificación, redactada polo equipo técnico municipal, ten por obxecto principal acomodar as normas subsidiarias municipais ao trazado do novo enlace do SAU-9 coa autovía AG-57 (AG-57-N) recollido no proxecto modificado número 1 de construción da obra de mellora da funcionalidade na autoestrada do Val Miñor AG-57, aprobado pola resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da CPTOPT do 16-3-2009, para así cumprir o disposto no artigo 15º.3 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

7. O proxecto de modificación comporta as seguintes alteracións das NNSSMM:

a) Incorporación ás normas subsidiarias, como solo rústico de protección de infraestruturas, do novo trazado do enlace da autoestrada AG-57 co ámbito do SAU-9.

b) Modificación da delimitación do ámbito do SAU-9, para incorporar os terreos que estaban previstos para o enlace que non foi executado.

c) Modificación das determinacións do SAU-9, con integración da canalización dun afluente do río Muíños no sistema de espazos libres públicos e establecemento de novas condicións de edificación.

8. As referidas alteracións que se proxectan teñen por resultado:

a) A superficie do sector increméntase en 16.575 m2, pasando de 1.012.215 m2 a 1.028.790 m2.

b) O solo rústico de protección das augas mantense en 92.880 m2.

c) O solo rústico de protección de infraestruturas adscrito ao sector increméntase en 7.376 m2.

d) Os 7.371 m2 do solo rústico de protección de infraestruturas do antigo enlace que non se executa inclúense no sector de solo urbanizable, con destino a espazos libres.

e) O solo rústico de protección das augas do río Muíños, cualificado como sistema xeral de espazos libres, mantén a súa superficie sen prexuízo de lixeiros reaxustes que nel se producen para adaptalo aos límites do ámbito.

9. As razóns que fundamentan a modificación xustificativas do cumprimento dos requisitos demandados polos artigos 94º.4 e 95º.4 da LOUGA están recollidas no expediente, e máis concretamente no parágrafo 5) do proxecto da modificación.

10. Segundo se establece nos artigos 94º.4 e 95º.4 da LOUGA, dado que o expediente afecta terreos cualificados como zona verde e ten por obxecto a reclasificación de solo rústico de especial protección, requiriuse o previo informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, que foi emitido na súa sesión do 2 de marzo deste ano 2011.

11. De conformidade co disposto no artigo 95º.4 da LOUGA, a competencia para a aprobación definitiva das modificacións do planeamento que impliquen a reclasificación de solo rústico de especial protección, correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia.

Visto canto antecede, de acordo co disposto no artigo 37º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día vinte e catro de marzo de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 20 das NSM do concello de Nigrán referida a determinacións do solo apto para urbanizar nº 9 do Porto do Molle, de acordo co disposto nos artigos 85º.7, 94º.4 e 95º.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Disposición derradeira

Recursos.

Segundo o disposto no artigo 85º.11 da citada Lei 9/2002, contra este decreto non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación segundo dispoñen os artigos 10º e 46º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ferrol, vinte e catro de marzo de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas