DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 25 de marzo de 2011 Páx. 5.119

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2011 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Renovación Urbana e Rehabilitación.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 28 de xaneiro de 2011 (publicado no BOE do 24 de febreiro de 2011 por resolución do secretario de Estado de Universidades do 7 de febreiro de 2011).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35º da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Renovación Urbana y Rehabilitación que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2011.

Juan José Casares Long

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "06000D006P054.PDF"