DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 25 de marzo de 2011 Páx. 5.083

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2011 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para a potenciación e mellora do turismo mediante axudas para a mellora da infraestrutura de hoteis (grupo I) da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril. Corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 95, do 21 de maio).

En cumprimento do disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.761A.770.0-201000665 ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para a potenciación e mellora do turismo mediante axudas para a mellora da infraestrutura de hoteis (grupo I) da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Estas subvencións están cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para a potenciación e mellora do turismo mediante axudas para a mellora da infraestrutura de hoteis (grupo I) da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (DOG número 81, do 30 de abril. Corrección de erros no DOG número 95, do 21 de maio) e Orde do 18 de novembro de 2010 pola que se modifica a Orde do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para a potenciación e mellora do turismo mediante axudas para a mellora da infraestrutura de hoteis (grupo I) da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (DOG número 227, do 25 de novembro).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2011.

P.D. (Orde 2-5-2009, DOG número 87)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura

e Turismo

Ver referencia pdf "06000D002P019.PDF"