DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Martes, 22 de marzo de 2011 Páx. 4.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2011 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a incentivar a implantación e mellora das empresas de turismo activo, aventura, actividades de lecer e tempo libre, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 26 de maio).

En cumprimento do disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.761A.770.0 (2007 00372) ao abeiro da Orde do 19 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a incentivar a implantación e mellora das empresas de turismo activo, aventura, actividades de lecer e tempo libre, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Estas subvencións están cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 19 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a incentivar a implantación e mellora das empresas de turismo activo, aventura, actividades de lecer e tempo libre e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2011.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

Ver referencia pdf "05700D004P017.PDF"