DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Martes, 22 de marzo de 2011 Páx. 4.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A).

Advertíronse erros na citada orde, publicada no DOG nº 49, do 11 de marzo de 2011, polo que cómpre publicar as seguintes correccións:

Na páxina 4.184, no preámbulo da convocatoria, no parágrafo que di: «É necesario darlle continuidade á convocatoria de subvención para a promoción do galego nas entidades locais e Galicia...», debe dicir: «É necesario darlle continuidade á convocatoria de subvención para a promoción do galego nas entidades locais de Galicia...».

Na páxina 4.188, no punto 4 b) do artigo 11º, onde di: «Por consideración estratéxica do servizo lingüístico», debe dicir: «Por consideración estratéxica da entidade local».

Na páxina 4.189, no criterio segundo da modalidade 4 do esquema do baremo, onde di: «Por consideración estratéxica do servizo lingüístico», debe dicir: «Por consideración estratéxica da entidade local».