DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Martes, 22 de marzo de 2011 Páx. 4.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no ano 2010.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 46, do 8 de marzo de 2011, cómpre facer as seguintes correccións:

-Engadir os seguintes convenios á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte no ano 2010, que figuran no anexo:

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Muros (A Coruña) para a dotación de herba artificial ao campo de fútbol de Esteiro.

Importe: 311.359,53 euros.

Data de sinatura: 24-5-2010.

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño (Pontevedra) para a dotación de herba artificial ao campo de fútbol de Torneiros.

Importe: 187.830,23 euros.

Data de sinatura: 1-6-2010.

Addenda nº 2 ao convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cangas (Pontevedra) para a finalización da construción dunha piscina cuberta e climatizada, asinado o 26 de marzo de 2009.

Importe: 1.962.502,28 euros.

Data de sinatura: 22-7-2010.

Addenda nº 2 ao convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Burela (Lugo) para a dotación de herba artificial ao campo de fútbol da Marosa, asinado o 31 de outubro de 2008.

Importe: 660.324,06 euros.

Data de sinatura: 9-3-2010.