DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 18 de marzo de 2011 Páx. 4.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2011.

Jorge Atán Castro

Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

Ver referencia pdf "05500D004P006.PDF"

Ver referencia pdf "05500D005P010.PDF"