DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 18 de marzo de 2011 Páx. 4.605

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2011 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes en edificios singulares que conten con calquera recoñecemento oficial, núcleos históricos, paraxes e paisaxes naturais de calquera recoñecemento oficial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio).

En cumprimento do disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.761A.770.0-200700372, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes en edificios singulares que conten con calquera recoñecemento oficial, núcleos históricos, lugares e paisaxes naturais de calquera recoñecemento oficial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Estas subvencións están cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 29 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes en edificios singulares que conten con calquera recoñecemento oficial, núcleos históricos, lugares e paisaxes naturais de calquera recoñecemento oficial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio) e Orde do 18 de novembro de 2010 pola que se modifica a Orde do 29 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes en edificios singulares que conten con calquera recoñecemento oficial, núcleos históricos, lugares e paisaxes naturais de calquera recoñecemento oficial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 227, do 25 de novembro).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2011.

P.D. (Orde do 2 de maio de 2009,

DOG nº 87)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral técnico da Consellería

de Cultura e Turismo

ANEXO

Subvencións para a potenciación e mellora de establecementos restaurantes

Beneficiario: Casa Grande da Fervenza, S.L.

Descrición actuación: obras menores.

Subvención concedida: 21.451,95 €.