DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 18 de marzo de 2011 Páx. 4.605

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de febreiro de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado Lar, do concello de Mos (Pontevedra).

O representante da titularidade do CPR Lar, do Concello de Mos, solicita a ampliación de 1 unidade do segundo ciclo de educación infantil.

O Departamento Territorial desta consellería de Pontevedra, achega o expediente cos correspondentes informes de conformidade co Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, o Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autorizar a ampliación de 1 unidade do segundo ciclo de educación infantil no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación: CPR Lar.

Código do centro: 36005427.

Domicilio: avda. Rebullón, 21.

Localidade: Puxeiros.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Lar, S.L..

Composición resultante:

-6 unidades de educación infantil.

-12 unidades de educación primaria.

-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais.

-2 unidades de educación especial (psíquicos).

Educación para persoas adultas:

-Ensinanzas básicas iniciais.

-Educación secundaria para persoas adultas.

-6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais.

Segundo.-Para a posta en funcionamento da unidade que se amplía a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116º e 117º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2011.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria