DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 17 de marzo de 2011 Páx. 4.533

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

RECURSO de inconstitucionalidade número 822-2011.

O pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 1 de marzo actual, admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 822-2011, promovido polo presidente do Goberno contra os artigos 1º a 4º e disposicións adicionais primeira e segunda da Lei de Galicia 12/2010, do 22 de decembro, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica da Comunidade Autónoma de Galicia. E faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161º.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso, 11 de febreiro de 2011, para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.

Madrid, un de marzo de dous mil once.

Hermida Palencia Guerra

Secretaria de xustiza do Pleno