DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 15 de marzo de 2011 Páx. 4.395

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2011 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Veterinaria.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro por resolución do secretario de Estado de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35º da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de graduado/a en Veterinaria, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2011.

Juan José Casares Long

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "05200D008P027.PDF"

5.1.5. Ordenación temporal de estudos.

a) Módulo de formación básica.

Bloque 3: axentes biolóxicos e alteracións da estrutura e función.

Requisitos previos:

-Ter superados un mínimo de 4,5 créditos ECTS do bloque 1: contidos fundamentais.

-Ter superados un mínimo de 24 créditos ECTS do bloque 2: estrutura e función.

Estes requisitos non serán de aplicación para cursar a materia de inmunoloxía veterinaria.

b) Módulo de ciencias clínicas e sanidade animal.

Bloque 4: fundamentos da diagnose e a terapéutica.

Requisitos previos:

-Ter superados un mínimo de 9 créditos ECTS do bloque 3: axentes biolóxicos e alteracións da estrutura e función.

c) Módulo de ciencias clínicas e sanidade animal.

Bloque 5: ciencias clínicas veterinarias.

Bloque 6: sanidade animal.

Requisitos previos:

-Ter superados un mínimo de 39 créditos ECTS do bloque 2: estrutura e función.

-Ter superados un mínimo de 15 créditos ECTS do bloque 3: axentes biolóxicos e alteracións da estrutura e función.

d) Módulo de produción animal.

Bloque 7: produción animal.

Requisitos previos:

-Ter superados un mínimo de 9 créditos ECTS do bloque 3: axentes biolóxicos e alteracións da estrutura e función.

Este requisito non será de aplicación para cursar a materia de agricultura veterinaria.

e) Módulo de hixiene, tecnoloxía e seguridade alimentaria.

Bloque 8: hixiene, tecnoloxía e seguridade alimentaria.

Requisitos previos:

-Ter superados un mínimo de 39 créditos ECTS do bloque 2: estrutura e función.

-Ter superados un mínimo de 15 créditos ECTS do bloque 3: axentes biolóxicos e alteracións da estrutura e función.

f) Módulo de prácticas tuteladas e traballo fin de grao.

Bloque 10: prácticas tuteladas en veterinaria.

Bloque 11: traballo fin de grao.

Requisitos previos:

-Ter superados un mínimo de 245 créditos ECTS correspondentes a materias obrigatorias e básicas.