DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 15 de marzo de 2011 Páx. 4.394

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 22, do 2 de febreiro de 2011, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 1.853, no punto terceiro do resolvo, onde di:

«Terceiro.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte), e rematará o 15 de marzo de 2011 para as liñas sinaladas cos números 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 do punto segundo anterior, e o 31 de maio de 2011 para as liñas sinaladas cos números 8 e 9».

Debe dicir:

«Terceiro.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte), e rematará o 15 de marzo de 2011 para as liñas sinaladas cos números 2, 3 e 7 do punto segundo anterior, e o 31 de maio de 2011 para as liñas sinaladas cos números 1, 4, 5, 6, 8 e 9».

-No anexo I, 4. Liña de misións comerciais directas (procedemento IG123), Requisitos para a concesión da subvención, páxina 1.873, onde di:

«Nas misións deberán participar como mínimo 10 e como máximo 30 empresas galegas. (…)».

Debe dicir:

«Nas misións deberán participar como mínimo 5 e como máximo 30 empresas galegas. (…)».