DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 15 de marzo de 2011 Páx. 4.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros, durante o curso académico 2009-2010, dependentes da Consellería do Mar.

De conformidade co establecido no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a disposición adicional primeira da orde reguladora dispón: «1. A Consellería do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con suxeición a esta orde, indicando o programa e crédito orzamentario a que se imputan, a cantidade concedida e a finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.422K, 480.0 para a concesión das axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros, durante o curso académico 2009-2010, dependentes da Consellería do Mar.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2011.

Susana Rodríguez Carballo

Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Ver referencia pdf "05200D005P023.PDF"