DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 09 de marzo de 2011 Páx. 4.037

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2011 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Enxeñaría Química.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro por resolución do secretario de Estado de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35º da Lei orgánica 6/2001, de Universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de graduado/a en Enxeñaría Química, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2011.

Juan José Casares Long

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "04700D005P129.PDF"