DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 09 de marzo de 2011 Páx. 3.936

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2011 pola que se lle dá publicidade ao cofinanciamento co Instrumento financeiro de orientación da pesca (IFOP) das axudas concedidas para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

Co obxecto de paliar as consecuencias derivadas do afundimento do buque Prestige publicáronse as ordes de axuda seguintes:

-Orde do 18 de novembro de 2002 pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

-Orde do 3 de decembro de 2002 pola que se modifica a Orde do 18 de novembro pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

-Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se establecen novas medidas transitorias para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

-Orde do 24 de febreiro pola que se modifica a do 30 de xaneiro de 2003 pola que se establecen novas medidas transitorias para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

-Orde do 24 de febreiro de 2003 pola que se establecen medidas específicas para compensar determinados danos producidos nos barcos de pesca e auxiliares de acuicultura como consecuencia dos verteduras de fuel óleo do petroleiro Prestige.

-Orde do 16 de maio de 2003 pola que se amplía o período de cobertura establecido nas ordes do 3 de decembro de 2002 pola que se modifica a Orde do 18 de novembro pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige e a Orde do 11 de decembro de 2002 pola que se establecen medidas que complementan as establecidas na Orde do 18 de novembro de 2002 pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige, e a Orde do 24 de febreiro de 2003 pola que se establecen medidas específicas para compensar determinados danos producidos nos barcos de pesca e auxiliares de acuicultura como consecuencia dos verteduras do fuel do petroleiro Prestige.

-Orde do 8 de agosto de 2003 pola que se amplía o período de cobertura establecido nas ordes do 3 de decembro de 2002 pola que se modifica a Orde do 18 de novembro pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige, a Orde do 11 de decembro de 2002 pola que se establecen medidas que complementan as establecidas na Orde do 18 de novembro de 2002 pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige, e a Orde do 24 de febreiro de 2003 pola que se establecen medidas específicas para compensar determinados danos producidos nos barcos de pesca e auxiliares de acuicultura como consecuencia das verteduras do fuel do petroleiro Prestige, xa ampliado pola Orde de 16 de maio de 2003.

No momento de levarse a cabo a tramitación destas ordes de axuda estaba pendente de adopción polas autoridades comunitarias e españolas cuxa decisión ía ser a modalidade de financiamento das destas. Esta negociación tivo lugar durante o mes de decembro de 2002, que culminou coa adopción do Regulamento (CE) nº 2372/2002 do Consello do 20 de decembro de 2002, polo que se establecen medidas específicas para compensar os sectores pesqueiro, marisqueiro e acuícola españois afectados polas verteduras de fuel óleo do petroleiro Prestige (publicado no DOCE do 31 de decembro).

Por esta razón, no momento da tramitación das ordes e concesión das axudas, non se puideron cumprir os requisitos exixidos polo Regulamento (CE) 1159/2000 da Comisión do 30 de maio de 2000 que regula as actividades de información e publicidade que deben levar a cabo os Estados membros en relación coas intervencións dos fondos estruturais.

En consecuencia, para dar cumprimento aos requisitos establecidos no citado Regulamento 1159/2000, dáselle publicidade ao cofinanciamento achegado polos fondos da Unión Europea para as axudas concedidas para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige, no marco do Regulamento (CE) nº 2372/2002 do Consello, do 20 de decembro de 2002 polo que se establecen medidas específicas para compensar os sectores pesqueiro, marisqueiro e acuícola españois afectados polas verteduras de fuel óleo do petroleiro Prestige (publicado no DOCE do 31 de decembro).

O importe total das axudas ascendeu a 109.040.013,20 euros, dos que 71.671.885,57 euros foron cofinanciados con cargo aos créditos do IFOP derivados da aplicación do Regulamento (CE) 2792/1999 do Consello, do 17 de decembro de 1999, polo que se definen as modalidades e condicións das intervencións con finalidade estrutural no sector da pesca e 37.368.127,63 euros con cargo á contía adicional procedente do Regulamento (CE) 2561/2001 do Consello do 17 de decembro de 2001, polo que se fomenta a reconversión dos buques e os pescadores dependentes ata 1999 do Acordo de pesca con Marrocos. A porcentaxe de cofinanciamento destes fondos IFOP foi dun máximo dun 80%.

No anexo figura a relación dos tripulantes, armadores e mariscadores que foron beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das ordes publicadas para atender as consecuencias derivadas do accidente do buque Prestige.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2011.

Rosa Quintana Carballo

Conselleira do Mar

ANEXO

Relación dos tripulantes, armadores e mariscadores que foron beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro das ordes publicadas para atender as consecuencias derivadas do accidente do buque Prestigee

Ver referencia pdf "04700D004P028.PDF"