DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 09 de marzo de 2011 Páx. 3.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo subscrito entre a representación empresarial e os representantes dos traballadores do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia, relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2011.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2011, que se subscribiu entre a representación empresarial e os representantes dos traballadores do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia, na xuntanza celebrada o 7 de febreiro de 2011, e de conformidade co disposto no artigo 90º.2 e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 222, do 18 de novembro).

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta final del convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia

En Santiago de Compostela, sendo as 10.00 horas do día 7 de febreiro de 2011, reúnense na sede da Asociación Galega de Empresarios de Aluguer de Guindastres de Servizo Público (Aergag), os señores que se relacionan a continuación, dunha parte a representación empresarial e da outra a representación sindical, con motivo do proceso de actualización das táboas salariais do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia para o ano 2011.

Asistentes:

Pola representación empresarial:

Miguel Galego Castro.

Santiago Montenegro González.

Saturnino Balderrábano Mayo.

José Carlos García Cumplido.

Pola representación de CC.OO.:

Juan Granados Llanos.

Marcos Pérez Rodríguez.

Pola representación de UXT-Galicia:

Emilio Bahamonde López.

Martín Manuel Martínez Figueiras.

Aberta a reunión e logo das oportunas conversas, a comisión chega á aprobación das táboas salariais para o ano 2011 do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia, nos seguintes termos:

Ver referencia pdf "04700D002P009.PDF"

Neste mesmo acto facúltase a Juan Granados Llanos para que rexistre o texto desta actualización das taboas salariais para o ano 2011.

Neste acto faise entrega dunha copia desta acta ás partes da comisión, asinantes dela, quedando a acta baixo custodia do secretario.

Sendo as 11.00 horas do día 7 de febreiro de 2011, dáse por finalizada a reunión. As partes proceden á sinatura da acta, a representación de UXT-Galicia, CC.OO. e da patronal.