DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2011 Páx. 3.175

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2011 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 17 de decembro de 2010 (publicado no BOE do 14 de xaneiro de 2011 por resolución do secretario de Estado de Universidades do 23 de decembro de 2010).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35º da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de graduado/a en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2011.

Juan José Casares Long

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "03900D020P059.PDF"