DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2011 Páx. 3.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8º.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9º a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado por Cacumen Lugo, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora: Cacumen Lugo, S.L.U.

3. Data: do 25 de marzo ao 30 de abril de 2011.

4. Duración: 60 horas (avaliación 1 hora).

5. Lugar de realización: instalacións de Cacumen Lugo, S.L.U. R/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo.

6. Número de prazas: máximo 20 alumnos.

7. Dirixido a: responsables técnicos das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

8. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

9. Presentación de solicitudes: segundo o modelo do anexo.

Ver referencia pdf "03900D016P048.PDF"

11. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey

Director xeral de Innovación e Xestión

da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Cacumen Lugo, S.L.U.

Datas: do 25 de marzo ao 30 de abril de 2011.

Lugar de realización do curso: instalacións de Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: os días 25 de marzo, 1, 8, 15 e 29 de abril de 2011 das 16.00 ás 21.00 h.

Os días 26 de marzo, 2, 9 e 16 de abril de 2011 das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.

O 30 de abril de 2011 das 10.00 ás 14.00 h.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Información e inscrición: Cacumen Lugo, S.L.U., R/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo, Teléfono: 982 24 39 44, Fax: 982 28 41 61, e-mail:

cacumen@cacumenlugo.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de solicitude.