O Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008.
O seu artigo 6º establece que as axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo.
A disposición transitoria cuarta do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda con cargo á Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012, establece que as axudas derivadas de situacións creadas ao abeiro de plans anteriores seguirán a súa tramitación e que se rexerán de acordo coa súa normativa de orixe.
O Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se estableceu a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, suprimiu a Consellería de Vivenda e Solo. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asumiu as competencias en materia de vivenda e solo en virtude do Decreto 316/2009, de 4 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica.
Por todo o anterior, e en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo 6º do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, e para dar cobertura aos expedientes que acaden no exercicio 2011 a fase de concesión, determínanse as aplicacións do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, onde figuran os créditos con cargo aos cales serán atendidas as axudas previstas no citado decreto:
1. Para a rehabilitación de edificios e vivendas por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro corresponde a aplicación orzamentaria 07.90.451A.780.1 por un importe máximo de 500.000 .
2. Para a promoción de vivendas protexidas de nova construción destinadas a aluguer e de aloxamentos protexidos e urbanización de solo por parte de empresas privadas corresponde a aplicación orzamentaria 07.90.451B.770.0 por un importe máximo de 2.004.200 .
3. Para a adquisición de vivenda protexida, usada e promoción para uso propio por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro corresponde a aplicación orzamentaria 07.90.451B.780.1 por un importe máximo de 588.000 .
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2011.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas