DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2011 Páx. 3.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do 24 de febreiro de 2011, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 24 de febreiro de 2011, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo.-Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor o día 1 de marzo de 2011.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de febreiro de 2011, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2011.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "03900D012P036.PDF"