DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2011 Páx. 3.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do 24 de febreiro de 2011, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 24 de febreiro de 2011, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo.-Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor o día 1 de marzo de 2011.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de febreiro de 2011, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2011.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "03900D010P016.PDF"

Ver referencia pdf "03900D011P017.PDF"

Código-Descrición das formacións específicas

640 Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

641 Para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (RI).

Código-Descrición doutras administracións

A11 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A15 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e persoal laboral da Xunta de Galicia.

AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Código-Descrición dos complementos salariais

B10 Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

B12 Complemento salarial de singularidade de responsabilidade.

B14 Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

B16 Complemento salarial de nocturnidade.

B18 Complemento salarial de singularidade por penosidade.

B20 Complemento salarial de dirección.