DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2011 Páx. 3.123

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 14/2011, do 3 de febreiro, polo que se suprime, se crea e se modifica a denominación de centros universitarios na Universidade de Vigo.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 30, do 14 de febreiro de 2011, procede facer a seguinte corrección:

-Na páxina 2.367, artigo 1º.1, onde di: «Escola Universitaria de Enxeñería Industrial»; debe dicir: «Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial».