A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 17 de decembro de 2010 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«16. Aceptación da delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo Concello de Malpica.
Aceptar a delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo Concello de Malpica.
O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases e terá efectos desde o momento en que se publique este acordo no BOP e no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 7º do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 17 de xaneiro de 2011.
Salvador Fernández Moreda José Luis Almau Supervía
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial da Coruña Provincial da Coruña