DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBAS DE SIL

ANUNCIO.

No BOP de Lugo nº 9, do 13 de xaneiro de 2011, publícanse as bases da convocatoria para cubrir polo procedemento de concurso-oposición, por consolidación de emprego temporal (disposición transitoria 4ª da Lei 7/2007), as seguintes prazas de funcionario e persoal laboral fixo:

-Persoal funcionario de carreira:

Grupo consonte o artigo 76º da Lei 7/2007: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Nº de vacantes: unha. Denominación: auxiliar de Administración xeral.

-Persoal laboral fixo:

Nº de vacantes: unha. Denominación do posto: oficial de primeira encargado.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de edictos do concello.

Ribas de Sil, 15 xaneiro de 2011.

Miguel Ángel Sotuela Vega

Alcalde presidente