DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 412/09).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 10 de febreiro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1º) Aprobar inicialmente o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións, rasantes e condicións estéticas e composición de volumes edificables na AR 39-E Mariñamansa, documento corrixido agosto de 2010, redactado de oficio mediante contratación do servizo de Arquipo Arquitectura y Urbanismo, S.L.P. (representado por Carlos Andrés Vallejo).

2º) Sometelo a información pública polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e con notificación individualizada aos propietarios do ámbito».

Ourense, 11 de febreiro de 2011.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde presidente