DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO de apertura de información pública.

Gaspar Fernández Neira, con enderezo en Trasmonte, Santa Cilla, Foz (Lugo), solicitou licenza de apertura para a instalación da actividade de regularización da explotación existente e ampliación mediante a construción dunha corte e unha fosa de xurro, en Trasmonte, Santa Cilla, Foz (Lugo), sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que, os que se vexan afectados dalgún modo por dita actividade, presenten as observacións que consideren oportunas.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais, Secretaría, en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas.

Foz, 23 de decembro de 2010.

José María García Rivera

Alcalde