DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 22 de decembro de 2010 apróbase inicialmente o Plan de sectorización do solo apto para urbanizar de baixa densidade nº 8, sito en Quintán, Cecebre, presentado por General de Terrenos y Edificios, S.L. e redactado polo arquitecto Andrés Soto Núñez.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública durante un mes mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 86º.1 a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderánse formular as alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Cambre, 28 de xaneiro de 2011.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde