DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2011, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican aos interesados os acordos de incoación de expedientes administrativos de desafiuzamento por ocupación sen título. (Expediente C-136-CD/63, conta 1576).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142º do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles aos interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 67º da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, en relación co artigo 138º do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta cédula para a contestación ao acordo perante o Servizo Provincial do IGVS da Coruña, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite e seguirá o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto no artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 17 de xaneiro de 2011.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 14/10.

Expedientado: Juan González Beltrán, Kathy Rabuñal Souto e outros.

Último domicilio coñecido: r/ Azahar, nº 6, bloque 48, P-6, 2º D, Barrio das Flores (A Coruña).

Expediente: C-136-CD/63, conta 1576.