DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2011, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia nos expedientes 15R002/99/2010 e 15R002/100/2010.

De conformidade co disposto no artigo 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 4 de febreiro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expedientes: 15R002/99/2010 e 15R002/100/2010.

Interesada: China Center Galicia, S.L.

CIF: 15969124.

Actos notificados: acordos de iniciación.