De conformidade co disposto no artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de correos.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39º.1 a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro de 2008. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.
Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62º da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS, Caixa Galicia e Caixanova), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2011.
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente: sanc. 13-20-10-25.
Matrícula: 9869-DNV.
Denunciante: celador do porto.
Denunciado: Aluminios Gondomar, S.L.
Último enderezo coñecido: r/ San Bieito, 5, 36380, Gondomar (Pontevedra).
Feito denunciado: estacionamento prohibido.
Data-hora-porto: 13-4-10; 10.40 horas; Cangas (Pontevedra).
Precepto infrinxido: artigo 114º.1 a), Lei 27/1992; artigos 17º e 64º, O.M. 12-6-1976.
Precepto sancionador: artigo 120º, Lei 27/1992.
Sanción proposta: 90,15 .