DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 7 de febreiro de 2011 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-23-10-02.

De conformidade co disposto no artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39º.1 a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes cortado a partir do día seguinte ao desta publicación.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderase facer efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62º da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS, Caixa Galicia e Caixanova), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2011.

José Ignacio Villar García

Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: sanc. 13-23-10-02.

Denunciante: celador do porto.

Denunciado: José Juan Fernández Fernández.

Último enderezo coñecido: r/ Almanso, 4, 36950 Moaña (Pontevedra).

Feito denunciado: fondeo non autorizado.

Data-hora-porto: 3-3-2010; 10.00 horas; Domaio (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 114º.1.a) da Lei 27/1992. Artigos 18º e seguintes da O.M. do 12 de xuño de 1976.

Precepto sancionador: artigo 120º da Lei 27/1992.

Sanción proposta: 90,15 euros.