DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 4 de febreiro de 2011 pola que se notifica a resolución da imposición dunha multa coercitiva derivada do expediente 107 B 2007/5-0, devolta polo servizo de correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 27 de decembro de 2010, resolución da imposición dunha multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/5-0, que lle fora incoado a José Veiga Cruz, na súa condición de promotor, pola execución de obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar na rúa Porto dos Cabalos, s/n-Barrañán, no concello de Arteixo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61º da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado denunciado en cumprimento do disposto no artigo 59º.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2011.

María Martínez Allegue

Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística