DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 3 de febreiro de 2011 de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de correos por resultar o seu domicilio descoñecido.

De conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/92/2010, á Comunidade de Herdeiros de Román Torres Sineiro, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar composta de semisoto, planta baixa e ático, no lugar da Touticeira, Vilalonga, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente.

Durante este prazo poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59º.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2011.

María Martínez Allegue

Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística