DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2011, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia dun requirimento do Servizo de Infraestruturas Agrarias.

De conformidade co disposto no artigo 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 2 de febreiro de 2011.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo

Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Delfín Rodríguez González.

Acto de notificación: requirimento para ingreso de débito anualidade/s 2008/2009 e 2009/2010, parcela nº 330, adxudicada na zona de interese nacional da Lagoa de Antela (Ourense).