DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2011, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente PES-CO-0029-2010V e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora substituta do expediente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede deste departamento territorial situado no edificio administrativo de servizos múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 1 de febreiro de 2011.

Enrique Luis de Salvador Sánchez

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PES-CO-0029-2010V.

Interesado: José Manuel López Sendón.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: PES-CO-0074-2010V.

Interesado: Ernesto Salgado Albor.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: PES-CO-0083-2010V.

Interesado: Juan Iglesias Silva.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: ANP-CO-0021-2010V.

Interesado: Santiago González Martínez.

Acto notificado: proposta de resolución.