Por non ser posible a notificación polo servizo de correos e de conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante este anuncio á interesada cos datos do último enderezo coñecido que se sinala a continuación, o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a axuda no expediente 15/50056/07A.
A interesada que figura no anexo deste anuncio disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito, ante a Consellería do Medio Rural, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2011.
Jorge Atán Castro
Secretario xeral da Consellería do Medio Rural
ANEXO
Expediente: 15/50056/07A.
Interesada: Mercedes Salgado Rey.
Enderezo: Souto da Ribeira nº 4, Maniños, CP 15500 Fene.