DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a axuda no expediente 15/50121/08A.

Por non ser posible a notificación polo servizo de correos e de conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante este anunciao á interesada cos datos do último enderezo coñecido que se sinala a continuación, o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a axuda no expediente 15/50121/08A.

A interesada que figura no anexo deste anuncio disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito, ante a Consellería do Medio Rural, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2011.

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: 15/50121/08A.

Interesada: Lorena Babío Seoane.

Enderezo: As Angustias nº 9, CP 15300, Betanzos (A Coruña).