DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente ILL-PO-0043/2010-NAV e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2º andar, (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 31 de xaneiro 2011.

Gerardo Zugasti Enrique

Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ILL-PO-0043/2010-NAV.

Denunciado: Miguel Ángel Salgado Fernández.

Acto de notificación: proposta de resolucion.

Expediente: C-R-PO-0045/2010-RB.

Denunciada: Ofelia López Martínez.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: C-R-PO-0084/2010-RB.

Denunciado: Enoturismo Acha, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0273/2010-BIO.

Denunciada: Esclavitud Romay Castro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0304/2010-BIO.

Denunciado: Teófilo Gil Costas.

Acto de notificación: proposta de resolución.