DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente PES-LU-115/2010-V.

De conformidade co disposto no artigo 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rolda da Muralla nº 70-baixo 1º de Lugo, das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 21 de xaneiro de 2011.

Ramón Carballo Páez

Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PES-LU-115/2010-V.

Interesada: Hidroeléctrica del Cadagua, S.A.

Acto notificado: proposta de resolución.