DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 25 de xaneiro de 2011 polo que se dá publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia o expediente número 412, de clasificación como veciñal en man común dos montes Carabelote e Montecalvelo, promovido polos veciños da parroquia de San Cristovo de Couzadoiro, do concello de Ortigueira.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 18 de xuño do 2010, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes cuxas características se indican a seguir:

Monte: Carabelote e Montecalvelo.

Parroquia: S. Cristovo de Couzadoiro.

Concello: Ortigueira.

Superficie total: 764,88 ha.

Superficie monte Carabelote: 71,88 ha.

Superficie Montecalvelo: 693,00 ha.

Segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do 24 de novembro de 2010, a superficie solicitada cadra totalmente cos montes catalogados de utilidade pública que a seguir se indican e as súas estremas son, segundo as correspondentes ordes de deslindamento destes montes CUP, as seguintes:

-Monte Carabelote e outros (CUP nº 238). Superficie: 693,00 ha.

Estremas:

N: leira de veciños de Couzadoiro e Porto de Insua, seguindo en parte o río Porto de Insua, regatos Bordo e da Costa, leira de veciños dos lugares de Xorres, Contado e Teixeiro; e estrada da Ponte do Baleo a Mañón.

E: Monte Carranco, Coriscada e Vilariño, nº 401 do CUP, no termo municipal de Mañón.

S: Monte público Panda, en leiras de veciños de Sibil e Biduído; e Río das Mestas.

O: leiras de veciños dos lugares de Santaballa, Corvelle e Couzadoiro.

-Montecalvelo (CUP nº 385). Superficie: 73,40 ha.

Lindeiros:

N: monte público de Mañón.

E: monte no termo municipal de Mañón, leiras de veciños de Mañón no termo municipal de Ortigueira, e monte no termo municipal de Mañón.

S: monte público Carabelote, seguindo a estrada de Mañón a Baleo.

O: monte público Carabelote, seguindo a estrada de Mañón a Baleo, leiras de veciños de Montecalvelo, seguindo en parte a dita estrada, e leira do Vínculo.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23º do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da precitada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente e formular ante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2011.

Visto e prace

Enrique Luis de Salvador Sánchez Augusto J. Pérez-Cepeda Vila

Presidente do Xurado Provincial Instrutor

de Clasificación de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña