DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, pola que se somete a información pública o proxecto de decreto polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola na Comunidade Autónoma de Galicia.

A través deste decreto preténdense regular, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os documentos que acompañarán os produtos vitivinícolas, os rexistros que se levarán, as prácticas e os tratamentos enolóxicos autorizados, así como as normas administrativas para a súa aplicación e, por último, o Rexistro de embotellador de viños e outras bebidas alcohólicas distintas do viño.

De conformidade co parágrafo segundo do artigo 42º.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen será sometida a información pública.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto de decreto polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola na Comunidade Autónoma de Galicia.

O proxecto de decreto poderase consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural:

http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_ de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, en calquera das oficinas previstas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2011.

Alejandra Álvarez de Mon Rego

Directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais